– RELATORES –
Julia Ammerman Yebra

Julia Ammerman Yebra: A difícil harmonía entre a IA, a creatividade e o dereito
Julia Ammerman Yebra é profesora de dereito civil e investigadora do grupo De Conflictu Legum da Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas liñas de investigación destaca o estudo da voz como dereito da personalidade e o impacto que a intelixencia artificial tivo neste e outros dereitos, especialmente no ámbito artístico. Colabora frecuentemente con colectivos artísticos impartindo e organizando seminarios, cursos de verán e congresos.
Miguel Ángel Areán

Miguel Ángel Areán: A IA Xenerativa na creación de videoxogos
IA XENERATIVA EN VIDEOXOGOS é unha charla que explora como a intelixencia artificial está a transformar a creación e a experiencia dos videoxogos. Abordaranse ferramentas e exemplos prácticos de uso da IA para deseño de mecánicas, creación de arte e música, xeración de narrativas dinámicas e interacción intelixente cos xogadores. Unha sesión pensada para profesionais, estudantes e persoas curiosas que queiran comprender o presente e o futuro do desenvolvemento de videoxogos.
Profesional do ámbito tecnolóxico e creativo, especializado en desenvolvemento tecnolóxico e no uso da intelixencia artificial aplicada ao desenvolvemento de software e videoxogos. Conta con experiencia en formación, divulgación e creación de proxectos innovadores que combinan tecnoloxía, educación e cultura dixital. Ao longo da súa traxectoria participou en iniciativas de ensino, conferencias e desenvolvemento de produtos dixitais, explorando novas formas de integrar a IA nos procesos creativos e na industria interactiva.
Senén Barro Ameneiro

Senén Barro Ameneiro: Presentación do libro: Poden pensar as máquinas?
A intelixencia artificial (IA) dedícase a percorrer o camiño que vai das máquinas carentes de entendemento ás que razoablemente podemos considerar intelixentes. Aínda que ten xa décadas de historia, cunha vida de altibaixos, se a comparamos con outros campos do saber é unha disciplina científico-tecnolóxica recente.
O impacto que a IA está a ter nas nosas vidas é tal que non paramos de asombrarnos e de facernos preguntas ao respecto. É normal e, ademais, é bo que sexa así. Ao cabo, aínda que as máquinas nos dean cada día máis e mellores respostas, as preguntas, sobre todo as máis transcendentes, seguen a ser nosas. Esta palestra presenta o libro: Poden pensar as máquinas?, e discorre facéndose moitas outras: Que é a Intelixencia Artificial e como xurdiu? Son parecidos un cerebro e unha computadora? Alcanzarán as máquinas a superintelixencia?…
Senén Barro Ameneiro, director científico do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, con máis de 300 publicacións científicas no campo e máis de 500 de divulgación e opinión en medios de comunicación. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 2002 e 2010.
Premio Nacional de Informática José García Santesmases en 2020. Promotor-fundador de dous spin-offs: Situm Technologies e InVerbis Analytics. Investigador principal do proxecto Nós, de desenvolvemento de tecnoloxías da linguaxe para o galego e da Cátedra USC-Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión.
Presidente do comité organizador da Conferencia Europea en IA (en dúas ocasións: ECAI2020 e ECAI2024), o evento científico europeo máis importante no campo da IA e un dos máis importantes do mundo.
Miguel Carvalhais

Miguel Carvalhais: O futuro futuro da imaxe
Que futuro poden ter as imaxes e a arte nun mundo saturado de computación e sistemas axentes e xerativos? Que aportan as tecnoloxías computacionais á conversa que chamamos arte? Propón pouco máis que novos xeitos de representación ou introducen tamén posibilidades para o desenvolvemento de novas relación estéticas coas obras de arte e os medios e ferramentas empregados na súa produción? Esta intervención desenvolverá estas cuestións, comezando cunha análise dos medios, a estética e a arte computacionais. Centrarase en que é o que ofrecen as tecnoloxías computacionais á arte e á creación de imaxes, e observará outros indicios para analizar o papel e posibles contribucións á actividade artística por parte da aprendizaxe automática, os LLM e a intelixencia artificial xerativa.
Miguel Carvalhais é profesor catedrático e director da Facultade de Belas Artes da Universidade do Porto e investigador no i2ADS, o Instituto de Investigação em Arte, Design e Sociedade. É autor de dous libros dedicados á arte, deseño e estética computacionais: Art and Computation (2022) e Artificial Aesthetics (2016, U. Porto Press). Como músico e artista, traballa entre arte sonora, performance e instalación. Dende 2003 dirixe a editora de música experimental e arte sonora Crónica, e dende 2013, a conferencia xCoAx sobre computación, comunicación, estética e x. http://carvalhais.org
Alejandro Catalá

Alejandro Catalá: IA xerativa no proceso de ensino e aprendizaxe e o paradoxo da novedade
Alejandro Catalá é profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do CiTIUS. Céntrase no deseño de interfaces de usuario naturais e intelixentes e o seu traballo investiga sistemas interactivos no ámbito de aprendizaxe, saúde e entretemento, combinando multimodalidade, interacción tanxible e robótica. Actualmente, explora como as interaccións multimodais con IA explicable impactan a fiabilidade en interfaces conversacionais.
Ana Cocho Bermejo

Ana Cocho Bermejo: Deseño no Antropoceno: o humano invisible
No contexto do Antropoceno, onde a acción humana transformou profundamente os sistemas ecolóxicos e materiais do planeta, este relatorio cuestiona a aparente centralidade do ser humano nos procesos de deseño contemporáneo. Baixo o título Deseño no Antropoceno: o humano invisible, proponse unha reflexión crítica sobre como os medios deseñados, mediados por algoritmos, automatización e sistemas complexos, desprazan progresivamente a axencia humana a formas distribuídas e híbridas.
A través de casos e marcos teóricos vinculados á intelixencia artificial e ao deseño computacional, examínase como o humano pasa de ser autor a converterse nunha entidade difusa dentro de redes sociotécnicas. O relatorio pretende repensar o rol do deseñador nun escenario onde a creatividade, a toma de decisións e a produción se negocian entre humanos, máquinas e ecosistemas, abrindo novas preguntas éticas, epistemolóxicas e proxectuais.
Ana Concho Bermejo é investigadora e docente especializada en intelixencia artificial aplicada á arquitectura e ao deseño. Con formación en UCL, UPC, e AA, desenvolveu investigación en algoritmos e deseño computacional. Actualmente é investigadora distinguida na Universidade da Coruña. O seu traballo abarca IA en arquitectura, deseño algorítmico e fabricación robótica, combinando investigación, docencia e liderado académico en contextos internacionais.
Leticia Costas Múñoz

Leticia Costas Múñoz: Creatividade tokenizada: AI slop, postverdade e ilusión de competencia
Conferencia que analiza de xeito crítico os resgos emerxentes do uso masivo de ferramentas de IA na creación de contido e coñecemento:
- A ilusión de competencia xerada polo uso de prompts
- A delegación do pensamento e a perda de criterio
- O fenómeno do AI slop e a saturación de contido superficial
- Os nesgos derivados de modelos controlados por grandes corporacións
Esta intervención combina datos, reflexión crítica e un enfoque provocador para formular unha pregunta clave: Estamos a usar a tecnoloxía para amplificar as nosas capacidades… ou para substituílas?
Leticia Costas conta con máis de dez anos de experiencia no ámbito da educación, a innovación e o mentoring, colaborando con entidades públicas e privadas en iniciativas relacionadas co desenvolvemento do talento, o benestar dixital e a tecnoloxía.
A través dos seus proxectos e intervencións, promove unha relación máis consciente coa tecnoloxía e impulsa o pensamento crítico, a creatividade e a autonomía das novas xeracións nun mundo cada vez máis marcado pola intelixencia artificial.
A través de sus proyectos e intervenciones, promueve una relación más consciente con la tecnología e impulsa el pensamiento crítico, la creatividad y la autonomía de las nuevas generaciones en un mundo cada vez más marcado por la inteligencia artificial.
Sara Degli-Esposti

Sara Degli-Esposti: É ou non é a IA un axente moral?
Sara Degli-Esposti es investigadora científica en ética e inteligencia artificial y responsable del Grupo de Ética Aplicada del Instituto de Filosofía del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) desde diciembre de 2021. Es autora del libro “La ética de la inteligencia artificial”, publicado por Catarata. Desde septiembre de 2024, lidera las tareas de ética de la investigación y de cumplimiento normativo del proyecto europeo “SafeHorizon: Innovaciones en la detección e interceptación de actividades delictivas”.
Xavier de Donato

Xavier de Donato: Pensar con la IA: Cómo pueden las humanidades orientar el diseño de un futuro tecnológico incierto
Xavier de Donato es profesor titular del área de Lógica y Filosofía de la Ciencia en la Universidad de Santiago de Compostela, donde actualmente es decano de la Facultad de Filosofía. Desde 2025 es el presidente de la Red Española de Filosofía de la Inteligencia Artificial (reFIA). También es miembro fundador del Instituto de Humanidades de esta misma universidad y forma parte de su comité científico. Ha participado en varios proyectos de investigación siendo IP de algunos y es autor de una amplia producción científica en temas relacionados principalmente con su área.
Kate Devlin

Kate Devlin: Máquinas íntimas: as dimensións emocionais do uso da IA
A medida que a intelixencia artificial vaise integrando no noso día a día, os vínculos emocionais que desenvolvemos con ela obrígannos a reflexionar sobre a nosa propia experiencia humana. Esta intervención explora o noso compromiso emocional cunha tecnoloxía que interactúa connosco coma se fose un humano máis. Tamén reflexiona sobre as consecuencias deste fenómeno para a sociedade e o lugar que ocupamos nela, examinando tanto as oportunidades coma os desafíos que nos ofrece este panorama en rápida evolución.
Kate Devlin é profesora de Intelixencia Artificial e Sociedade no Departamento de Humanidades Dixitais do King’s College en Londres e é directora xefe do King’s Digital Futures Institute. Escribiu Turned On: Science, Sex and Robots, un libro que examina as implicacións da interacción entre a tecnoloxía e a intimidade. É coinvestigadora do programa Responsible AI do Reino Unido, valorado en 31 millóns de libras e financiado pola organización gubernamental de Investigación e Innovación do Reino Unido (UKRI polas súas siglas en inglés).
Mateo Feijóo

Mateo Feijóo: IA como ferramenta crítica; entre as artes visuais e as artes vivas.
Mateo Feijóo es gestor cultural, comisario y creador escénico. Ha sido director del Festival Escena Contemporánea de la Comunidad de Madrid y del Teatro de la Laboral de Gijón. Ha impulsado y dirigido Naves Matadero – Centro Internacional de Artes Vivas hasta 2020. Ha comisariado proyectos en museos y galerías internacionales con artistas como Marina Abramovic, Elena del Rivero, Cristina Rodrigues… Actualmente dirige los proyectos Flipas – Laboratorio de Culturas Urbanas y A Casa do Pozo, centrado en la relación entre creación contemporánea y comunidad rural.
Foto: derechos de autor de Elena Rivero.
Paulo Gamallo

Paulo Gamallo: O galego na era dos modelos de lingua: avances e retos do Proxecto Nós
O Proxecto Nós ten como principal obxectivo situar a lingua galega na vangarda da sociedade e da economía da Intelixencia Artificial, reforzando a creación de recursos lingüísticos, corpus anotados e modelos específicos para o galego, en colaboración co português e aproveitando enfoques máis eficientes e sustentábeis. A presentación ofrecerá unha visión actualizada dos modelos de lingua e das súas capacidades, abordando tamén os principais retos técnicos e sociais. Repasará os avances recentes do Proxecto Nós, con especial atención á mellora dos sistemas de tradución automática e o axuste fino de modelos. Finalmente, mostraranse resultados recentes e liñas de traballo futuras orientadas a garantir a presenza e competitividade do galego no ecosistema dixital global.
Paulo Gamallo é catedrático de Lingüística Xeral na USC e investigador adscrito ao CiTIUS. Foi investigador Ramón y Cajal e premio Leonardo da FBBVA. Actualmente, é un dos investigadores principais do Proxecto Nós e coordinador da rede europea HYBRIDS, sobre uso da IA para detectar a desinformación. O seu principal interese científico é a Lingüística Computacional co foco no estudo dos grandes modelos de lingua e a súa aplicación a tarefas como a análise de sentimentos e a desinformación.
Daniel G. Andújar

Daniel G. Andújar: O rumor do algoritmo: arte, poder e intelixencia artificial
Nesta charla abordarei a intelixencia artificial non como unha ferramenta neutral nin como unha promesa técnica inevitable, senón como un campo de disputa estética, política e cultural. A partir da miña práctica artística, analizarei como os sistemas algorítmicos transforman a produción de imaxes, a construción de relato, os réximes de visibilidade e os novos xeitos de control. Máis que preguntarnos que pode facer a IA pola arte, propoño pensar que pode acadar a arte para desvelar, interromper e reimaxinar criticamente as lóxicas de poder inscritas nestas tecnoloxías.
Daniel G. Andújar (Almoradí, Alicante, 1966) é un artista visual, teórico e activista con case catro décadas de traxectoria. Vive e traballa en Barcelona. É fundador de Technologies To The People® e membro histórico do colectivo internacional irational.org, referente do net.art. O seu traballo explora as relacións entre tecnoloxía, poder e poscapitalismo mediante intervencións no espazo público e un uso crítico dos medios dixitais. Participou en exposicións internacionais como documenta14, a 53ª Bienal de Venecia e Manifesta 4. En 2015 o Museo Reina Sofía dedicoulle unha ampla retrospectiva.
Fernando Jiménez Míguez

Fernando Jiménez Míguez e Diego Pérez Vieites: Veraquo o cómo crear tecnología para recuperar la confianza digital
O equipo de Gradiant abordará as motivacións que impulsaron o desenvolvemento de Veraquo, unha solución tecnolóxica orientada a verificar a autenticidade de contidos dixitais e garantir o seu orixe.
Nun contexto marcado polo auxe dos deepfakes e da crecente dificultade para distinguir entre contido real e xerado por intelixencia artificial, presentarase en que consiste esta tecnoloxía e como contribúe a reforzar a confianza en medios dixitais, axudando a previr usos maliciosos como o fraude ou a extorsión e promovendo un uso responsable da IA ao servicio da sociedade.
Fernando Jiménez incorpórase a Gradiant en 2013 como General Manager co obxectivo de reforzar e impulsar a xestión empresarial do centro, incluíndo a orientación ao cliente, a organización interna, o desenvolvemento do negocio e a optimización de resultados. Dende entón, Gradiant experimentou un crecemento sostido en ingresos e persoal, atanguendo en 2025 os 17 millóns de euros de facturación, xerando un crecemento do 300 % nos últimos 10 anos. Fernando é, ademais, coordinador das iniciativas empresariais do centro, que deron lugar a tres spinoffs, e dirixe TRL13, o novo fondo de inversión Gradiant enfocado a iniciativas empresariais deeptech e orientadas a transferencia tecnolóxica.
David Ryan Glowacki

David Ryan Glowacki: Intelixencia Artificial ou estupidez ben intencionada?
Desde os tempos da Xénese, os seres humanos atribuíron un status divino a aqueles seres capaces de crear a realidade coa palabra («E dixo Deus: «Fágase a luz» ). O investimento sen precedentes en «intelixencia» artificial xenerativa —en particular, nos grandes modelos de linguaxe (LLM) — a miúdo parece un fetichismo tecnolóxico centrado en elaborar as virtudes divinas da IA. Esta charla cuestionará ese discurso, partindo dunha observación básica: quizais a palabra «estupidez» (en contraposición a «intelixente» ) sexa máis adecuada para describir unha tecnoloxía cuxo crecemento depende do consumo acelerado e a destrución do medio ambiente. É a capacidade de analizar e producir cadeas de tokens unidimensionais e imaxes bidimensionais realmente un bo indicador de «intelixencia»? Está o LLM “alucinando” ou “mentindo”? Están os LLM “aprendendo” ou “memorizando”? Están “a xerar” ou “a mesturar”? Ao longo do camiño, considerarei cuestións de estética, suxerindo que o papel do artista agora é adoptar modos de expresión que eviten que o noso universo estético (como a nosa comida e a nosa contorna) se vexa contaminado por un «lixo» mesturado sen descanso, promediada estatisticamente e estilísticamente homoxénea —por exemplo, abrazando a lentitude, a limitación, a finitude, a emoción e o espectro de sensacións que xorden da encarnación física.
David Glowacki, doutor e máster en humanidades (www.glow-wacky.com) , é un científico e artista cuxos intereses abarcan a nanociencia, a estética, a teoría cultural, a espiritualidade e a neurociencia. É fundador do “Intangible Realities Laboratory” (IRL) , un grupo que traballa nas fronteiras da práctica científica, estética, computacional e tecnolóxica, e que recibiu o apoio de organizacións como a Royal Society, a Comisión Europea de Investigación e a Fundación Tiny Blue Dot. É autor de máis de 100 publicacións científicas revisadas por pares, e as súas obras de arte dixital inmersivas foron gozadas por máis de 200.000 persoas en tres continentes.
Raquel Ferrández Formoso

Raquel Ferrández Formoso: O «non» dos luditas
A negativa dun grupo de traballadores británicos nas fábricas téxtiles do século XIX poder ser relevante para entender o «si» e o «tal vez» do noso momento tecnolóxico. O pensamento crítico abusa da palabra «resistencia», facendo resistir outra forma de asentir. Hoxe, cando a negativa xa non é negociable, o «non» do rei Ludd cobra outro significado. Se os luditas eran uns retrógrados e nós uns iluminados ou á inversa, se ninguén é o que di ser nin o que aparenta, o debateremos nesta sesión.Raquel Ferrández dedícase á filosofía india clásica e contemporánea e á filosofía global. Coordina o seminario de filosofía anticolonial Teoría del Desconocimiento no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Actualmente, é profesora no Departamento de Filosofía da UNED. Entre as súas obras máis recentes, encóntrase Inmortalidad digital. Colonizar el planeta Muerte (Herder, 2025).
Fotografía de Ángel L. Fernández
Rosemary Lee

Rosemary Lee: Calculando imaxes
As ferramentas xerativas multimedia foron recentemente o foco de atención debido ao desenvolvemento de novos instrumentos e modalidades para a produción e análise de contido visual. Este relatorio mostra como uns exemplos históricos de produción de imaxes a partir de información alfanumérica poden esclarecer as formas actuais de creación algorítmica de imaxes. Tras observar estes puntos de inflexión que amplían o noso coñecemento sobre desenvolvementos máis recentes como o uso da aprendizaxe automática, consideramos as tecnoloxías visuais non como unha progresión secuencial ou evolución, senón como un campo complexo no que os métodos computacionais adoptaron distintas formas ao longo do tempo.Rosemary Lee é unha artista e investigadora cuxo traballo analiza como o discurso actual sobre a tecnoloxía se informa con tendencias do pasado. Lee é unha investigadora integrada da Universidade do Porto que terminou o doutorado en 2020 na IT University de Copenhague, onde realizou investigacións prácticas sobre o xeito no que os sistemas de aprendizaxe automática se conectan a tendencias subxacentes na historia das tecnoloxías de creación de imaxes. O seu libro Algorithm, Image, Art (2024) e os seus proxectos artísticos, como Digital Dark Matter (2026), afondan na súa investigación. Lee é membro da Akademie Schloss Solitude (2025-2026).
Laura Mª Lojo Rodríguez

Laura Mª Lojo Rodríguez e Xavier de Donato: Pensar coa IA: Como poden as humanidades orientar o deseño dun futuro tecnolóxico incerto
Laura Mª Lojo Rodríguez é catedrática no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da Universidade de Santiago de Compostela. Coordina o grupo de referencia competitiva Discurso e Identidad. É a investigadora principal do proxecto Global Borders da Axencia Estatal de Investigación e é directora do Instituto de Investigación en Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela (iHUS).
Xaime Miranda

Xaime Miranda: IA e creación audiovisual: experimentación, procesos e límites
Na intervención compartirei a miña experiencia co uso de ferramentas de intelixencia artificial aplicadas á creación audiovisual, explicando que me levou a experimentar con elas, como as fun incorporando en determinados proxectos e que posibilidades, límites e preguntas me suscitan desde a práctica creativa. Tamén amosarei algúns fragmentos de pezas realizadas total ou parcialmente con IA, para abrir unha reflexión sobre o seu impacto nos procesos de creación audiovisual.Xaime Miranda é realizador e montador audiovisual galego. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola USC e cun Máster en Dirección Cinematográfica pola ESCAC, desenvolveu unha ampla traxectoria no eido do videoclip, traballando con artistas e bandas da escena musical galega como Xoel López, Heredeiros da Cruz ou Grande Amore. As súas obras foron recoñecidas en festivais como Cans, OUFF ou os Premios Mestre Mateo. No ámbito da ficción realizou, entre outros traballos, Os Metarquivos e a curtametraxe Hippocampus.
Jesús Navazo Ruiz

Jesús Navazo Ruiz: Regulación e estratexia da IA nas Administracións Públicas.
Xefe do Departamento de Relacións Institucionais, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Xunta de Galicia.
Sofía Oriana Infante

Sofía Oriana Infante: O arte morreu, outra vez?: a ilusión da creación musical
Nunha revisión dos fundamentos do proceso compositivo, analizaranse as implicacións teóricas e prácticas sobre a presenza de ferramentas de automatización musical.
Cursa os seus estudios de composición no Conservatorio Superior de Música de Oviedo. En 2014 realiza un Máster de composición para cine, TV e videoxogos na Kingston University de Londres e, en 2022, presenta a súa tese sobre a IA como ferramenta compositiva, doutorándose pola Universidade de Oviedo.
Destacan os traballos para cine “Elisa y Marcela” de Isabel Coixet, “Justicia Artificial” de Simón Casal e “Antes de Nós” de Ángeles Huerta. Tamén recibe encargos da Real Filharmonía de Galicia (“In memoriam”, “Gratulantes”, “RE: Tesis11”), da OSG Sinfonietta (“Cassandra 22”) e de multitude de grupos camerísticos diversos. Por último, colaborou no equipo PAMP experimentando coa composición en simbiose coa IA. Presentaron os resultados ao AI Song Contest acadando o segundo posto con “Ai-lalelo” (2022) e o terceiro posto con “Florespiña” (2023), revivindo a voz de Ana Kiro.
Eduardo Outeiro

Eduardo Outeiro: O obradoiro e a palabra: afiar, axustar, negociar
Cando as ferramentas baseadas en linguaxe median entre a intención e a materia, a fricción non desaparece: desprázase e ramifícase. Este desprazamento introduce novos xeitos de axuste e negociación, onde a experiencia material convive con sistemas que non dubidan en proxectarse cara ao tanxible sen ter toucada, cheirada ou experimentada resistencia mecánica. Ao mesmo tempo, abre un campo no que a linguaxe non só describe a práctica, senón que a activa e reorganiza, afectando incluso á maneira en que percibimos e nos atopamos co real.
Este escenario abre un espazo híbrido, especialmente fértil en las contradicións que o propio sistema introduce, entre experiencia encarnada e linguaxe operativa. Nel, é posible obter resultados que parecen sosterse mesmo cando a experiencia que os valida non tivo lugar. Nese prego, a materialización xa non depende exclusivamente do impulso produtivo, senón tamén de administrar e activar o especulado.
Eduardo Outeiro Ferreño é artista plástico e profesor na Facultade de Deseño de Pontevedra. A súa práctica combina traballo de obradoiro e investigación material, atendendo a como as ferramentas baseadas en linguaxe reconfiguran a relación entre coa materia, a aprendizaxe e a produción artística, no límite entre experiencia directa e formulación.
O seu traballo recente explora a fricción entre proceso manual e sistemas simbólicos a través de proxectos desenvoltos ao redor da paisaxe, os materiais e a transmisión do coñecemento técnico.
María Pereira López

María Pereira López: A senda emocional dos algoritmos. O papel da IA no márketing político e a comunicación
María Pereira é doutora en Ciencia Política e profesora titular do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Especializada en metodoloxía e técnicas en ciencias sociais como docente no Grao en Ciencia Política e no Máster en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política da USC e como investigadora dentro do grupo Equipo de Investigacións Políticas da USC; nos últimos dez anos, o seu traballo centrouse no estudo do impacto das emocións na política. Máis concretamente, as súas publicacións recentes afondaron na influencia das emocións á hora de definir o comportamento político en xeral, así como tamén no consumo de redes sociais para informarse ou participar en política.
Martín Pereira

Martín Pereira Fariña é profesor contratado doutor na Universidade de Santiago de Compostela, no Departamento de Filosofía e Antropoloxía. Licenciado en Filosofía e doutor no Programa Interuniversitario en Tecnoloxías da Información pola USC, conta cunha ampla traxectoria investigadora en teoría da argumentación e cuestións relacionadas ca filosofía da intelixencia artificial. Traballou en centros como Centre for Argument Technology (Arg-tech) da Universidade de Dundee (Escocia) ou no Incipit-CSIC, participando en múltiples proxectos de investigación e con máis de 60 publicacións nacionais e internacionais.
Xosé Pereira

Xosé Pereira: O problema da neutralidade tecnolóxica nos medios de comunicación
A IA e os modelos empresariais das grandes plataformas de contidos racharon coa neutralidade tecnolóxica que sempre acompañou aos medios de comunicación. Na actualidade, a IA é quen decide se unha información é interesante, de proximidade e obxectiva e os medios de comunicación deben adaptarse a este novo entorno.
Foi decano da Facultade de CC. da Comunicación e vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, así como director do departamento de Innovación e Negocio da CRTVG (actual CSAG), onde promoveu a creación da plataforma AGalega e a plataforma BigData dos medios públicos galegos. Como docente e investigador, leva máis de 20 anos traballando sobre o impacto tecnolóxico nos medios de comunicación, especialmente na produccion e na recepción de contidos informativos e de entretemento con preto dun centenar de publicacións.
Diego Pérez Vieites

Fernando Jiménez Míguez e Diego Pérez Vieites: Veraquo o cómo crear tecnología para recuperar la confianza digital
O equipo de Gradiant abordará as motivacións que impulsaron o desenvolvemento de Veraquo, unha solución tecnolóxica orientada a verificar a autenticidade de contidos dixitais e garantir o seu orixe. Nun contexto marcado polo auxe dos deepfakes e da crecente dificultade para distinguir entre contido real e xerado por intelixencia artificial, presentarase en que consiste esta tecnoloxía e como contribúe a reforzar a confianza en medios dixitais, axudando a previr usos maliciosos como o fraude ou a extorsión e promovendo un uso responsable da IA ao servicio da sociedade.
Diego Pérez Vieites é enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo e forma parte de Gradiant dende 2010. Iniciou a súa traxectoria no ámbito da seguridade multimedia, desenvolvendo actividades de investigación neste campo.
Ao longo da súa carreira combinou a dirección de proxectos de I+D coa transferencia tecnolóxica ao mercado, contribuíndo ao desenvolvemento de varias patentes. Actualmente é Responsable da línea de Identity & Forensics en Gradiant, onde impulsa proxectos centrados na análise forense multimedia e a indentidade dixital.
Teresa Piñeiro Otero

Teresa Piñeiro Otero: E se o que ves non existe?
O desenvolvemento da IA xenerativa democratizou a manipulación visual, converténdoa nunha poderosa arma de desinformación de xénero. Parafraseando a máxima de que “o que non se ve non existe”, debullaremos como os deepfakes se empregan estratexicamente para minar a credibilidade das mulleres no espazo público.
Teresa Piñeiro-Otero é doutora en Comunicación (Uvigo) e profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Coordinadora do grupo Cidadanía Dixital, ten centrado a súa investigación na comunicación dixital e os estudos de xénero, especialmente nas violencias mediadas pola tecnoloxía. Participou en proxectos da Cátedra Feminismos 4.0 e foi IP de AGITATE (2022-2023) sobre as desigualdades na comunicación política dixital. Actualmente lidera VIVRA (2024-2025) sobre podcastesfera feminista, ambos financiados polo Instituto de las Mujeres.
María José Malmierca Rodríguez

María José Malmierca: Explorando as posibilidades da IA na escritura creativa en adultos. O proxecto WrAIte
Esta charla analiza como a intelixencia artificial pode potenciar a escritura creativa en adultos, presentando a ferramenta deseñada polo CESGA para fomentar a expresión literaria. O proxecto busca integrar a tecnoloxía como unha aliada no proceso de aprendizaxe e creación, validando o seu impacto no desenvolvemento de competencias narrativas.
María José Malmierca é doutora en Educación, filóloga e responsable da área de E-learning no CESGA dende 1999. Especialista en tecnoloxía educativa, ten participado en máis de 40 proxectos internacionais (liderando algún deles, como RuralSchoolCloud ou ICT-Go-Girls!), destacando pola súa innovación na computación na nube e a redución da fenda de xénero nas TIC. Ademáis, dende o CESGA xestiona servizos e tecnoloxías para investigación en colaboración e a aprendizaxe
Nuria Rodríguez Ortega

Nuria Rodríguez Ortega: Ecoloxía pansemiótica, hermenéutica poshumana e a invención dun novo vocabulario para os estudos visuais
A vectorización algorítmica da cultura, impulsada polos modelos multimodales de intelixencia artificial, provocou un «aplanamento ontolóxico» dos sistemas semióticos tradicionais. Palabras, imaxes e sons comparten agora unha mesma natureza computacional: son vectores. Coexisten nun continuo semántico desprovisto de diferencias mediais. Este fenómeno configura o que denomino ecoloxía pansemiótica: un ecosistema de signos no que a multimodalidade, entendida clasicamente como interacción entre sistemas semióticos diferenciados, é substituída por unha continuidade vectorial onde as relacións entre signos defínense por proximidades estatísticas e non por distancias mediais.
Esta conferencia explora as implicacións de dita ecoloxía pansemiótica en dúas direccións interconectadas. En primeiro lugar, abórdase a necesidade dunha hermenéutica poshumana que dea conta do desprazamento radical na produción de sentido. Dado que os signos vectoriais non están dirixidos a suxeitos humanos senón a algoritmos e que o significado emerxe da interacción entre procesos algorítmicos e prácticas interpretativas humanas, xa non negociamos sentido entre nós e un obxecto cultural, senón a entre a subxectividade humana e a lóxica estatístico-probabilista da IA. Esta hermenéutica debe integrar, ademais, o que propuxen chamar fractura fenomenolóxica: a disparidade entre a ontoxénesis transdutiva de os signos xerativos —entidades intrínsecamente lingüísticas e visuais á vez— e a súa manifestación perceptiva como artefactos aparentemente só visuais.
En segundo lugar e como eixe vertebrador, deféndese a urxencia de inventar un novo vocabulario para os estudos visuais que substitúa categorías herdadas por conceptos capaces de capturar as lóxicas operativas do sistema pansemiótico. Arguméntase que o uso dos termos axeitados non é unha cuestión meramente nominal, senón unha condición necesaria para formular correctamente as preguntas que a era pansemiótica nos esixe.
Nuria Rodríguez Ortega é catedrática de Historia do Arte na Universidade de Málaga, doutora en Historia do Arte e máster en Ciencias Cognitivas. Dirixe a Cátedra Telefónica-UMA (5G, Cultura Dixital y Tecnoloxías de Nova Xeración para a Sociedade) e o laboratorio iArtHis_Lab, dedicado ao estudo da cultura artística dende perspectivas dixitais, computacionais e tecnocríticas. É membro da Academia Europea e presidenta de honor da Sociedad Internacional de Humanidades Digitales Hispánicas. As súas investigacións céntranse na converxencia entre intelixencia artificial, analítica de datos e sistemas culturais complexos.
Jose Luis de Vicente

Jose Luis de Vicente: Re (presentar) o Modelo
Nesta presentación falarei de distintos proxectos realizados con intelixencia artificial por artistas e creadores cos que colaborei nos últimos cinco anos, como Trevor Paglen, Kate Crawford, Domestic Data Streamers, Marina Otero e Holly Herndon e Mat Dryhurst. En todos eles hai unha especial énfase en estudiar, interrogar e reconstruír as condicións de produción social da intelixencia artificial, así como as relacións entre os distintos axentes que forman parte desta, dende as perspectivas sociais, culturais e artísticas.
José Luis de Vicente é comisario, investigador cultural e director artístico con base en Barcelona e opera internacionalmente. É cofundador de FAST, unha plataforma curatorial e laboratorio de deseño transdisciplinar e anteriormente foi director do DHUB, o Museo del Diseño de Barcelona, e fundador de Sónar+D. Organizou máis de 25 exposicións en todo o mundo, incluíndo a mostra itinerante Big Bang Data, e codirixiu e organizou festivais como MODEL e LlumBCN. É profesor na Universidade de Columbia de Nova York e participou en foros internacionais como Ars Electronica, a Bienal de Venecia e a COP25.
Remedios Zafra

Remedios Zafra: O bucle invisible. A humanidade lida polas máquinas
Percorrido crítico e comparativo das tres últimas décadas de transformación da cultura dixital para a construción identidaria e subxectiva e reflexión sobre a actualidade e potencia da cultura algorítmica. En ambos casos, lecturas dende a teoría e a práctica artística.
Escritora, profesora universitaria e investigadora do Instituto de Filosofía del Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Dende 1999 traballa sobre a transformación da cultura dixital e a mediación tecnolóxica. Neste intervalo, o seu traballo ensaístico sobre o estudo crítico da cultura contemporánea en relación con internet foi recoñecido cos premios Nacional de Ensayo 2025, Internacional de Ensayo Jovellanos, Anagrama, Estado Crítico, Maruja Mallo de Pensamiento, Meridiana de Cultura, de las Letras El Público, Málaga de Ensayo, de Investigación de la Cátedra Leonor de Guzmán e de Ensayo Carmen de Burgos.